Daban longos paseos. Saían da vila e camiñaban até o miradoiro -máis de tres quilómetros-, collidos da man case sempre. Alternaban dous itinerarios. Un, máis propio dos días cálidos, discorría cerca do río; o outro bordeaba una antiga canteira de granito. Ás veces, buscábanse en discusións puerís.

Ela opinaba que a ruta do río era máis curta, e el que se adiantaba moito seguindo a outra. Decidiron probar. Separaríanse e percorrerían traxectos distintos, e como o ritmo dos seus pasos se tornara idéntico, conviñeron en que quen alcanzara antes o miradoiro demostraría que esa era a senda más rápida.

Chegou o día. Partiron, como de costume, moi cedo. Pero esta vez cada un polo seu camiño. Nunca volveron a encontrarse.

Manuel González Seoane