Na temporada 2000-2001 o espazo radiofónico La Ventana,
da cadena SER, dirixido e presentado por Gemma Nierga, inaugurou unha sección
semanal, que se emitiría os venres cara as catro e media da tarde, desde
a cal o escritor e periodista Juan José Millás animaba aos oíntes
a enviar os seus relatos ao programa. O experimento funcionou: as historias
chegaban en gran cantidade e algunhas eran moi boas. Cada venres, Millás
lía as historias (dúas, tres, catro...) que máis lle gustaran,
comentábaas en antena, e elixía un texto gañador. Salvada
con éxito a etapa inicial, durante a cal o premio consistiu exclusivamente
na mención do nome do autor ou autora, decidiuse dedicar tamén
a esta experiencia un lugar na web da SER, de modo que os relatos seleccionados
por Millás puideran ser lidos a través da rede. Nunha terceira
fase, Babelia, suplemento literario do diario El País, comezou a publicar
tamén (primeiro semanalmente e logo unha vez ao mes) unha selección
das mellores historias.
Tres temporadas despois do nacemento da sección, no verán de 2003,
Gemma anunciou aos oíntes que Millás decidira suprimila, aínda
que -aclarou- o escritor seguiría participando no programa á fronte
doutros proxectos totalmente distintos ao que viña coordinando. E así,
no outono dese mesmo ano, Millás estreou a súa nova sección,
esta vez centrada no ensino lúdico da Gramática. Mentres, a SER
retirara da súa web a sección dos relatos.
Non existe na actualidade ningún modo de recuperar aquelas pequenas xoias
(tiñan que ser, no se dixo aínda, moi breves os relatos) que Millás
seleccionaba persoalmente semana a semana. Uns cantos daqueles oíntes,
autores e autoras tamén de moitas daquelas historias, cederon algúns
dos seus textos para que poidamos seguir gozando aquí coa súa
lectura.
Grazas pola túa visita.
Marzo 2004
Na temporada 200-2005, La Ventana de Millás volveu á SER nas trades dos venres. Incopóranse aquí tamén relatos desta última etapa, así como outros textos sen relación co programa cuxos autores quixeron publicar neste lugar.
Maio 2005